Wednesday 08 de May de 2024

Neda celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de Santa María


Tres días de celebracións que arrancarán este venres, festivo local

O Concello de Neda celebrará esta fin de semana as súas festas patronais da honra de Santa María. O adro da igrexa converterase de novo no escenario dos festexos, que comezan este venres 8 de setembro,
festivo local, e se prolongarán ata o domingo. Dende o Concello anímase á veciñanza a participar na programación de actos.

Así, o venres 8, oficiarase a misa solemne ás 12:30 horas, e a continuación, celebrarase a procesión acompañada da banda Acotaga. Ao seu remate, comezará a sesión vermú, amenizada polo grupo Tokio. A música tamén soará polas rúas da parroquia, coa animación da Charanga da Carmiña, e á noitiña, gran verbena co grupo Tokio e Carma.

Ao día seguinte, sábado 9, repetirase practicamente o guión. A celebración da misa ás 12:30 h e a posterior procesión acompañada da banda Acotaga marcarán o inicio da xornada festiva. A continuación, sesión vermú, neste caso co grupo Enclave, que regresará á noite para participar xunto a orquestra Maracaibo na gran verbena que se celebrará ata ben entrada a madrugada.

E o domingo 10, fin de festa cunha sesión vermú longa a partir das 14 h amenizada polo grupo Pasión.

Así mesmo, a pirotecnia correrá por conta da firma local Manuel Millarengo.